Portada

Artigo destacado

Coat of arms of the Falkland Islands.svg

As Illas Malvinas (en inglés: Falkland Islands), son un arquipélago do océano Atlántico meridional, na plataforma continental patagónica. As illas principais atópanse a 483 km ó leste da costa da Patagonia, en América do Sur, na latitude 52°S. O arquipélago, cunha área de 12 000 km², abrangue a illa Soidade, a illa Gran Malvina e 776 illas máis pequenas. É un Territorio Británico de Ultramar e conta cun autogoberno, mais o Reino Unido encárgase da súa defensa e das relacións exteriores. A capital das Malvinas é Stanley, na illa Soidade.

Existe unha gran controversia sobre a descuberta e posterior colonización das Malvinas polos europeos. En varios momentos, as illas tiveron asentamentos franceses, británicos, españois e arxentinos. O Reino Unido reafirmou o seu control sobre o arquipélago en 1833, malia que a Arxentina mantiña a súa reivindicación sobre as illas. En abril de 1982, forzas arxentinas ocuparon temporalmente o territorio. A administración británica foi restaurada dous meses máis tarde, no final da guerra das Malvinas.

O arquipélago atópase no límite das zonas climáticas oceánica subantártica e de tundra e as dúas principais illas teñen cordilleiras que atinxen 700 metros de altura. Elas son o lar de grandes poboacións de aves, malia que moitas xa non se reproducen nas principais illas por mor da concorrencia con especies introducidas. As principais actividades económicas son a pesca, o turismo e a cría de ovellas, con énfase na exportación de la de alta calidade. A exploración de petróleo, licenciada polo Goberno das Illas Malvinas, permanece en controversia como resultado de disputas marítimas coa Arxentina.

Sobre Galicia

Luz Pozo Garza 2013.jpg

Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922 e finada na Coruña o 20 de abril de 2020, foi unha escritora, crítica literaria e poeta galega, unha das máis destacadas da literatura galega da segunda metade do século XX, renovadora tanto na forma como na temática abordada. Códice Calixtino (1986, Sotelo Blanco Edicións) é unha das súas obras máis destacadas. En 1995 foi recoñecida coa Medalla Castelao. Dende 1996 foi membro numerario da Real Academia Galega, ocupando o cargo de vicesecretaria de 1997 a 2001. En 2007 foi proposta pola Asociación de Escritores en Lingua Galega para o Premio Nobel de Literatura. Os seus poemas foron traducidos ao castelán, portugués, catalán, francés, inglés, alemán, húngaro, ruso e xaponés.

Tal día como hoxe no ano...

Ann Radcliffe.jpg

Imaxe do día

Araña. A Estrada, Galiza. 02.jpg
Vista frontal dunha araña, na Estrada.
Vexa o artigo araña

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 109 115 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 254 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento